Resistencia a pesticidas

A aplicación de pesticias pode seleccionar artificialmente organismos praga resistentes. Neste diagrama a primeira xeración ten casualmente un insecto cunha resistencia aumentada a un pesticida (vermello). Despois da aplicación de pesticidas, os seus descendentes representan unha proporción máis grande da pobaoción, porque os organismos praga sensibles (brancos) foron matados selectivamente. Despois de aplicacións repetidas, os individuos resistentes poden comprender a maioría da poboación.

A resistencia a pesticidas é a diminución da susceptibilidade dunha especie que causa pragas a un pesticida que era previamente efectivo para controlala. Na especie praga a resistencia ao pesticida evoluciona por selección natural: os espécimes máis resistentes sobreviven e transmiten eses caracteres herdables mutados á súa proxenie.[1] Se unha especie praga ten resistencia entón o pesticida carece de eficacia, xa que a eficacia e a resistencia están inversamente relacionadas.[2]

Informouse de casos de resistencia en todas as clases de especies causantes de pragas (é dicir, as que causasn enfermidades ou danos nos cultivos, herbas silvestres, roedores, etc.), con 'crises' no control de insectos que ocorren relativamente pronto despois da introdución do uso de pesticidas no século XX. A definición do Comité de Acción de Resistencia a Insecticidas (IRAC, Insecticide Resistance Action Committee) de resistencia a insecticidas é "un cambio herdable na sensibilidade da poboación da praga que se traduce no fracaso repetido dun produto en conseguir o nivel esperado de control cando se usa de acordo coas recomendacións da etiqueta para esa especie praga".[3]

A resistencia a pesticidas está incrementándose. Por exemplo, os agricultores dos Estados Unidos perderan o 7% das súas colleitas por causa de pragas na década de 1940s, pero nas décadas de 1980 e 1990 as perdas foran do 13%, e iso a pesar de que se usaran máis pesticidas que no período anterior.[1] A resistencia evolucionou nunhas 500 especies de pragas.[4] Outras fontes estiman que o número é de arredor de 1.000 especies desde 1945.[5]

Aínda que a evolución da resistencia a pesticidas adoita explicarse como un resultado do uso de pesticidas, é importante ter presente que as poboacións dos organismos praga poden tamén adaptarse a métodos de control non químicos. Por exemplo, o escaravello Diabrotica barberi adaptouse á rotación de cultivos millo-soia pasando o ano no que o campo se está cultivando a soia en estado de diapausa, cousa que non facía anteriormente.[6]

En canto á eliminación de plantas non desexadas, en 2014 estaban próximos a comercializarse poucos novos herbicidas e ningún deles cun novo modo de acción libre de resistencia.[7] De modo semellante, en xaneiro de 2019 para os insectos causantes de pragas o descubrimento de novos insecticidas era máis caro e difícil que nunca.[8]

  1. 1,0 1,1 PBS (2001), Pesticide resistance. Consultado o 15 de setembro de 2007.
  2. Guedes, R.N.C.; Smagghe, G.; Stark, J.D.; Desneux, N. (2016-03-11). "Pesticide-Induced Stress in Arthropod Pests for Optimized Integrated Pest Management Programs". Annual Review of Entomology (Annual Reviews) 61 (1): 43–62. ISSN 0066-4170. PMID 26473315. doi:10.1146/annurev-ento-010715-023646. 
  3. "Resistance Definition". Insecticide Resistance Action Committee. 2007. 
  4. grapes.msu.edu. How pesticide resistance develops Arquivado 2007-08-17 en Wayback Machine.. Excerpt from: Larry Gut, Annemiek Schilder, Rufus Isaacs and Patricia McManus. Fruit Crop Ecology and Management, Chapter 2: "Managing the Community of Pests and Beneficials." Consultado o 15 de setembro de 2007.
  5. Miller GT (2004), Sustaining the Earth, 6th edition. Thompson Learning, Inc. Pacific Grove, California. Capítulo 9, Páxinas 211-216.
  6. Levine, E; Oloumi-Sadeghi, H; Fisher, JR (1992). "Discovery of multiyear diapause in Illinois and South Dakota Northern corn rootworm (Coleoptera: Cerambycidae) eggs and incidence of the prolonged diapause trait in Illinois". Journal of Economic Entomology 85: 262–267. doi:10.1093/jee/85.1.262. 
  7. Service, Robert F. (20 de setembro de 2013). "What Happens When Weed Killers Stop Killing?". Science 341 (6152): 1329. PMID 24052282. doi:10.1126/science.341.6152.1329. 
  8. Guedes, R. N. C.; Roditakis, E.; Campos, M. R.; Haddi, K.; Bielza, P.; Siqueira, H. A. A.; Tsagkarakou, A.; Vontas, J.; Nauen, R. (2019-01-31). "Insecticide resistance in the tomato pinworm Tuta absoluta: patterns, spread, mechanisms, management and outlook". Journal of Pest Science (Springer) 92 (4): 1329–1342. ISSN 1612-4758. doi:10.1007/s10340-019-01086-9. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search